O SENDEIRISMO é unha actividade deportiva que consiste en camiñar seguindo un itinerario determinado, e que busca tamén achegar a aqueles que o practican ao medio natural e ao coñecemento da zona a través do patrimonio e os elementos etnográficos e culturais tradicionais.
Acostuma a realizarse en sendeiros balizados e homologados polo organismo competente de cada país, pero tamén é posible practicalo por carreiros, camiños rurais e vías verdes sen homologar.
O sendeirismo é un deporte ideal para tódolos niveis, IMPORTANTES BENEFICIOS para o corpo e a mente: mellora a saúde cardiovascular, reduce os niveis de colesterol, incrementa a enerxía, fortalece os músculos do tren inferior e contribúe á saúde ósea.
Nos últimos anos, o sendeirismo viviu un CRECEMENTO COMO ACTIVIDADE RECREATIVA. Dados os seus beneficios para a saúde física e mental, ademáis da necesidade de escapar das cidades, cada vez máis persoas aventúranse a practicalo. As estimacións indican que arredor de 4 millóns de persoas practican sendeirismo regularmente en España, unha cifra que continúa aumentando.
Cando non se seguen pautas responsables, o sendeirismo deixa de ser unha maneira sostible de gozar do entorno. Desafortunadamente, moitos sendeiristas non respectan as regras e normativas establecidas para a preservación da natureza, o que provoca efectos negativos no ecosistema.

