Paisaxe

Ruta 20 – Parque de Brandía

Paseo parque Brandía

Gran espazo verde do barrio de Vidán que conta con 6 hectáreas dividido en zonas por vexetación. Destaca especialmente o antigo robledal e o Xardín Xeométrico, restaurado en 2003, que se sitúa fronte á Villa Rial (actual centro sociocultural de Vidán). É un xardín pequeno de estilo romántico e forma rectangular que se divide en seccións por camiños, o principal en paralelo ao río Sar. Conta con variedade de plantas: sebes de buxo, loureiros, lavandas... Tras o enreixado que delimita o xardín árbores exóticos, camelias e bananeiros acompañan o carreiro.

Ruta 8 – Carballo do Banquete de Conxo

Carballo del Banquete de Conxo

O Carballo do Banquete de Conxo, con máis de 250 anos de vida, é o árbol máis veterano do histórico Bosque do Banquete de Conxo. Coñecido popularmente como “o avó”, é exemplar máis significativo e antigo da carballeira do Banquete de Conxo. Estamos ante un símbolo de resistencia ás tallas indiscriminadas, e aos múltiples incendios que devastaron os bosques galegos durante os séculos XIX e XX, e que foron minguando espazos coma este, que na súa orixe chegou a albergar ata 1000 carballos. Hoxe quedan en pé só uns 40, con este carballo como emblema.
O Carballo do Banquete de Conxo ten 3,75 metros de perímetro do tronco, unha altura de 26 metros e 392 metros cadrados de dimensión de copa.
Este carballo foi tamén o candidato español para o concurso europeo Tree of the year (“Árbore do ano”) no ano 2022, tendo gañado a votación popular para representar ao noso país.

Ruta 8 – Bosque do Banquete de Conxo

Bosque do Banquete de Conxo

Neste bosque celebrouse a histórica reunión do Banquete de Conxo. O Obradoiro de Emprego “Ecotur Xuvenil III”, do Concello de Santiago, permitiu recuperar no ano 2018 este espazo de beleza natural acondicionándoo totalmente para súa visita, creando un paseo continuo á beira do río Sar que une o barrio de Conxo có de Sar. O Banquete de Conxo, tamén coñecido como Banquete Democrático de Conxo, foi unha reunión de confraternización entre estudantes, obreiros e artisáns que, baixo o lema “Orde e fraternidade”, tivo lugar o 2 de marzo de 1856, coincidindo có décimo aniversario dos Mártires de Carral.
Surxido por iniciativa principalmente de Aurelio Aguirre, pénsase que se realizou na zona de Belvedere, ao carón do río Sar, nunha carballeira situada detrás do Monasterio de Santa María de Conxo. Considerado un dos acontecementos fundacionais do galeguismo, este acto xerou moito balbordo entre as clases máis altas de Compostela desde o mesmo momento no que se anunciou. De cada oficio asistiron dous obreiros e un patrón, todos invitados polos estudantes da Universidade de Santiago. Estes últimos foron vestidos de frac e encargáronse de servirlle a comida aos traballadores, xesto que as autoridades interpretaron coma unha provocación – os estudantes eran considerados clase alta –, o que motivou que a carballeira fose tomada polo exército e o almorzo se celebrara cos comensais rodeados de soldados por medo a unha insurrección.
Entre os participantes daquel banquete destacan, moi especialmente, Aurelio Aguirre, Eduardo Pondal e Luís Rodríguez Seoane. Outros asistentes ilustres foron Manuel Murguía e Juan Manuel Paz Novoa.

Ruta 18 – Miradoiro Monte de Deus

Miradoiro Monte de Deus

Situado no barrio de Vite, ao norte.
Desde os seus 375 metros de altura divísase en primeiro termo o barrio de Vite, antigo emprazamento de o Burgo das Nacións ou de a fábrica de Guadalupe, que chegou a ser a curtiduría máis importante de Galicia. Máis aló, a avenida de Xoán XXIII dá paso a unha visión diferente do Centro histórico, con o convento San Francisco o mosteiro de San Martiño Pinario ocultando parte da catedral, cuxas torres dominan o centro da vista. Consta de uns 30.000 metros cadrados de zona verde que foron acondicionados entre 2009 e 2011, momento no que se plantaron diferentes árbores autóctonas, melloráronse as instalacións e colocouse unha imaxe panorámica para situar os principais monumentos.

Ruta 8 – Carballeira do Paxonal

Paisaxe do río Sar na carballeira do Paxonal

Carballeira á beira do río Sar enclavada no actualmente coñecido como Parque Eugenio Granell (O Paxonal). Situada ao fondo do parque, en dirección a Conxo, esta carballeira mantén o silencio, a paz e a calma que se respira nas carballeiras agochadas dos nosos bosques atlánticos nas áreas rurais; tanto é así, que a pesares de atoparse cerca de lugares tan concorridos como a estación de tren, a Avenida de Lugo ou o Hospital Provincial de Conxo, lograrás fuxir do bulicio da cidade.

Ruta 8 – Parque Eugenio Granell

Camino parque Eugenio Granell

Está situado no barrio de O Paxonal, tamén coñecido có nome xenérico de A Pontepedriña, moi preto da estación de tren. É un dos parques máis extensos de Compostela, e nel destacan, ademáis das espectaculares vistas sobre a cidade, a súa configuración: as zonas axardinadas e de prado vanse convertindo pouco a pouco nun frondoso bosque de carballos á beira do río, completamente alleo á proximidade da cidade. Dispón de plataformas para exercicio físico e de pistas de skate, e proximamente unirase aos parques do barrio de Conxo, e dende alí aos do Campus Universitario Sur, completándose así o Itinerario Verde que rodeará a cidade.

Ruta 17 – Miradoiro do Monte do Gozo

Vistas dende o mirador do monte do Gozo

Este punto é o miradoiro do Monte do Gozo, identificable por dúas esculturas de peregrinos que sinalan a catedral e mostran nos seus xestos, o xúbilo que segundo a tradición e relatos viviron sempre os peregrinos neste lugar. Foron colocadas no Ano Santo de 1993, e realizadas polo escultor galego Acuña.

Ruta 16 – Parque de San Domingos de Bonaval

Parque de Bonaval

O parque de San Domingos de Bonaval completa o conxunto integrado polo convento e o novo Centro Galego de Arte Contemporánea. Álvaro Siza, autor do CGAC, e Isabel Aguirre integraron os elementos existentes no gran recinto conventual, que inclúe un xardín medicinal, diferentes ruínas, unha carballeira e o cementerio de Bonaval. Este gran espazo público dispón elementos novos, coma os muros de pedra que definen as rampas de acceso desde o museo, de forma que parece qe sempre estiveran aqlí, e mantén pezas existenes, como a traza do cemiterio, que resultan absolutamente novedosas.
En toda a minuciosa construción do parque téñense respetado tódalas pezas arboladas, de gran porte, que contribúen decisivamente a crear a sensación de que o novo parque está marcado pola presencia dunha gran historia.
Os estimulantes recorridos a través dos diferentes espazos do parque de Bonaval ofrecen unha gran variedade de vistas. Desde os seus camiños poden contemplarse os edificios históricos do conxunto conventual, a fermosa arquitectura contemporánea do museo, a nostálxica traza do cemiterio ou perspectivas excepcionais sobre a cidade de Santiago. Estos recorridos enriquécense coa presencia de varias pezas escultóricas, como as firmadas por Eduardo Chillida ou Leopoldo Nóvoa.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.