PUNTOS DE INTERESE
ruta 15 Monte Pedroso
Común ás rutas:

Miradoiro nocturno
Planisferio celeste gravado en granito que permite coñecer e identificar as distintas constelacións, cunha representación da súa situación un 25 de xullo en Santiago. Ao seu lado, un poste cun QR convídanos a profundar máis no recoñecemento do firmamento. Na zona tamén hai bancos que convidan á observación e fotografía nocturna das estrelas, permitindo gozar á súa vez das vistas que ofrece o principal pulmón da cidade.










