Escultura

Ruta 16 – Porta dos Leóns

Porta dos Leóns do Paseo da Ferradura

Estrutura composta de dous corpos, abertos cada un deles, rematados por un león tombado. O proxecto é do arquitecto municipal Julián Pastos (1835), executado polos mestres canteiros J. Portela e José Benito Marrazo. Inicialmente formaba parte do peche ornamental que delimitaba o recinto da Alameda, fronte á Porta Faxeira. En 1885 trasladáronse os fornelos á súa posición actual, no inicio do paseo da Ferradura.

Ruta 16 – As Marías

As Marías no parque da Alameda

Escultura en bronce de César Lombera (1994) situada ao inicio do Parque da Alameda.
Coralia e Maruxa Fandiño, personaxes reais, eran populares irmás de Santiago na segunda metade do século XX, asiduas paseantes da Alameda ás dúas da tarde, notables polo seu modo de vestir, impropio para a época. O sobrenome de “As [Tres] Marías” ten a súa orixe nas tres irmás iniciais, contrapunto das Tres Marías bíblicas (Nai de Xesús, María Salomé e María Magdalena), das que quedaron as dúas do monumento.
Tamén son coñecidas como “As dúas en punto”.

Ruta 12 – Espellos do Bosque de Galicia

Escultura dos Espellos

No Bosque de Galicia atópase a intervención artística Espellos realizada polo artista Manolo Paz co obxectivo de afianzar o vínculo deste complexo arquitectónico coa Ruta Xacobea e a cidade de Santiago de Compostela.
A intervención artística está composta por grandes cilindros de pedra que funcionan como unha gran ventana de pedra desde a que contemplar a capital galega desde unha perspectiva única. Estas dúas esculturas pretenden espertar o interés dos e das camiñantes co obxecto de que fagan unha parada no camiño para visionar – antes da anhelada meta que é a catedral – a perspectiva orixinal que da mesma se lle ofrece dende esta cumbre, integrada no entorno natural da capital de Galicia.
Ademáis de ofrecer unha panorámica diferente sobre a capital galega, estas pezas de 3,5 metros de alto por 3,8 de ancho e 12 toneladas de peso servirán tamén para estreitar aínda máis a conexión da Cidade da Cultura co Camiño de Santiago, xa que a Vía da Prata transcorre paralela ao monte Gaiás, polo barrio compostelán de Sar.

Ruta 12 – Praza de Cervantes

Praza de Cervantes

A praza de Cervantes era coñecida no século XII coma o “foro”, por ser punto de reunión popular e o lugar onde o pregoeiro lía os acordos municipais e as ordenanzas do Arcebispo. Por esta vocación informativa, unha das súas rúas, de importante actividade comercial, denomínase “do Preguntoiro”. Fai esquina co edificio levantado en 1682 para o antigo Concello, que ocupou o soar durante 200 anos, desde 1583 ata o seu traslado ao Pazo de Raxoi en 1787. Hoxe é o único edificio municipal barroco que se conserva intacto en Galicia. Unha restauración interior ten permitido identificar as antigas escribanías, o oratorio, o arquivo e os calabozos: sábese que na praza chegaron a realizarse autos de fe en tempos da Inquisición e que nela estivo situado ata 1570 o rolo ou columna en torno á cal se impartía xustiza e a cuxo pé estaba situado o patíbulo. A columna viña de presidir execucións no monte da Almáciga e pasou á carballeira de Santa Susana, de onde desapareceu no século XIX.
Posteriormente, ao especializarse na venta de alimentos e mercancías, o espazo
adquiriu o nome de “praza do Campo” e a categoría de mercado principal. Isto explica tamén o nome da igrexa de San Bieito do Campo, cuxas liñas neoclásicas actuais non fan pensar que a fundación se remonta ao século X.
Trasladado o mercado á Praza de Abastos a finais do século XIX, a praza adquiriu o nome definitivo de Cervantes. Un busto do escritor coroa a fonte e recórdanos que o autor de Don Quixote era portador de dous apelidos de orixe galega: Cervantes e Saavedra.

Ruta 1 – Obra Zapatos no camiño

Escultura Zapatos no Camiño

A escultura asinada por Francisco Ledo, homenaxe aos peregrinos, consta de tres pezas de diferentes materiais (granito, formigón e ferro fundido) que simbolizan o esforzo e a vontade do camiño. Os visitantes poden interactuar coas figuras, utilizalas para descansar sobre elas, … Discorren paralelas ao complexo.

Ruta 5 – O Urco

O Urco

Trátase dunha especie de can negro con grandes cornos, que sae do mar arrastrando as cadeas. A súa presenza trae un mal augurio, tal como unha morte a punto de acontecer. Ademais absorbe almas especialmente dos envidiosos que finxen ser bos amigos.

Ruta 5 – O Tardo

O Tardo

É un trasno malévolo que entra nos fogares pola noite e divírtese sentando no peito da xente mentres dormen causando opresión, dor e pesadelos.

Ruta 5 – Os Mouros

Os Mouros

Habitantes do inframundo. Residen nun mundo paralelo (covas e túneles baixo terra) onde se di que escondía o ouro que atopaban. Asemade chegase a dicir que eran antropófagos. En todo caso, os humanos nunca saen beneficiados dos seus encontros con eles.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.