Ruta 5 – Os Biosbardos

Animais imaxinarios autóctonos dos que non temos unha descripción precisa. Son esquivos e nocturnos e quen os atopa no bosque gozará de boa sorte.

Animais imaxinarios autóctonos dos que non temos unha descripción precisa. Son esquivos e nocturnos e quen os atopa no bosque gozará de boa sorte.

Ás veces xenio mitolóxico, á veces figura humana, responsable das tormentas e tempestades. Elévase ao ceo por riba das nubes mediante varios procedementos para desenvolver a súa labor. Coas súa zocas provocaos tronos.

Figura fascinante descrita por Álvaro Cunqueiro. Trátase dun gato branco cun corno na cabeza polo cal bota auga. Vai polas noites as casa e fai que os nenos ouriñen na cama ao escoitar o ruído da auga do seu corno. Para evitalo cómpre botar sal na entrada da alcoba.

Considerado o pai lendario de Galicia, fundador da cidade de Brigantia. Segundo a lenda, os seus descendentes conquistaron Irlanda o que da a orixe a tradición celta. Tamén se lle atribúe a construción da Torre de Hércules (aínda que é ben sabido que é un faro da época galaico-romana).

Misteriosa figura feminina, probablemente da época da Gallaecia. Adoita diferentes representacións, pode ser desde moza de gran beleza que garda tesouros ata velliña que constrúe megalitos. Atribúenselle os fenómenos atmosféricos.

Herdeira dos antigos rituais e lendas máxicas. Coñecen as artes ocultas: adiviñación, feitizos... Tamén coñecen e aplican as propiedades curativas da natureza, doenzas físicas e espirituais.

Figura terrorífica con cara de muller e corpo de serpe que vive no medio acuático. É perigosa, especialmente para os homes aos que pode seducir para despois devoralos e para as embarazadas as que lles pode arrincar os fetos coa mesma finalidade.

É un dos nomes que reciben os dragóns en Galicia. O máis coñecido é o de Redondela, que vivía na ría de Vigo. A lenda conta que raptaba fermosas doncelas para devoralas ata que vinte e catro cabaleiros lle deron morte.