Fontes

Ruta 9 – Lavadoiros Santa Isabel

Lavadoiros rúa Tras Santa Isabel

Os lavadoiros forman unha fila de seis espazos para o lavado xusto na beira do río, aproveitando así a corrente do Sarela coa configuración prototípica do lavadoiro: Pedra de lavar inclinada e posadoiros arredor das mesmas e na banda esquerda tamén. As pezas foron restauradas no seu día dentro dun plano municipal que buscaba rescatar estas construcións.
A maioría están constituídos por un único pilón, grande y comunal. Este pilón é cadrado ou rectangular, cheo de agua, e rodeado de pedras inclinadas contra as que frotar los panos, pero no caso dos lavadoiros de Santa Isabel atopamos una alineación de pequenos lavadoiros individuais, perpendiculares ao río, o que non é inusual mais se menos frecuente entre os lavadoiros galegos.

Ruta 9 – Fonte-Lavadoiro da Pontepedriña de Arriba

Fonte detrás da fábrica

Restaurado na actualidade, posiblemente data do século XIX y e fora construído ao mesmo tempo que a fábrica do curtido. Hai que baixar unas escaleiras de pedra para acceder a él. Ten una fonte moi elaborada. Os lavadoiros adoitaban ser públicos e de uso colectivo. A maioría consta dun único lavadoiro rodeado de pedras inclinadas que permitía a las lavandeiras lavar de pé e non de xeonllos como nos antigos lavadoiros do río. Pode adoitar diferentes formas: cadrado, rectangular e mesmo octogonal, tamén adoitaban estar cubertos, o que permitía usalos nos días de choiva. No século XIX a construción de lavadoiros e fontes foi unha prioridade dos concellos, sobre todo das alcaldías republicanas.
Arredor dos lavadoiros e das mesmas lavandeiras foise creando un folclore, ou forma propia de falar das traballadoras e grazas ao estudo de este oficio, podemos ter unha visión do contexto social e histórico da muller no seu momento. A maior aportación da construción de lavadoiros é ser un dos maiores puntos de socialización, especialmente para as mulleres -as que sempre ían-, que compartían o seu día a día e creaban auténticos lazos de cooperación e tertulias.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.