PUNTOS DE INTERESE
ruta 9 río sarela
Común ás rutas:

Fonte-Lavadoiro da Pontepedriña de Arriba
Restaurado na actualidade, posiblemente data do século XIX y e fora construído ao mesmo tempo que a fábrica do curtido. Hai que baixar unas escaleiras de pedra para acceder a él. Ten una fonte moi elaborada. Os lavadoiros adoitaban ser públicos e de uso colectivo. A maioría consta dun único lavadoiro rodeado de pedras inclinadas que permitía a las lavandeiras lavar de pé e non de xeonllos como nos antigos lavadoiros do río. Pode adoitar diferentes formas: cadrado, rectangular e mesmo octogonal, tamén adoitaban estar cubertos, o que permitía usalos nos días de choiva. No século XIX a construción de lavadoiros e fontes foi unha prioridade dos concellos, sobre todo das alcaldías republicanas.
Arredor dos lavadoiros e das mesmas lavandeiras foise creando un folclore, ou forma propia de falar das traballadoras e grazas ao estudo de este oficio, podemos ter unha visión do contexto social e histórico da muller no seu momento. A maior aportación da construción de lavadoiros é ser un dos maiores puntos de socialización, especialmente para as mulleres -as que sempre ían-, que compartían o seu día a día e creaban auténticos lazos de cooperación e tertulias.






















