PUNTOS DE INTERESE
ruta 16 Itinerario verde urbano
Común ás rutas:


Parque de San Domingos de Bonaval
O parque de San Domingos de Bonaval completa o conxunto integrado polo convento e o novo Centro Galego de Arte Contemporánea. Álvaro Siza, autor do CGAC, e Isabel Aguirre integraron os elementos existentes no gran recinto conventual, que inclúe un xardín medicinal, diferentes ruínas, unha carballeira e o cementerio de Bonaval. Este gran espazo público dispón elementos novos, coma os muros de pedra que definen as rampas de acceso desde o museo, de forma que parece qe sempre estiveran aqlí, e mantén pezas existenes, como a traza do cemiterio, que resultan absolutamente novedosas.
En toda a minuciosa construción do parque téñense respetado tódalas pezas arboladas, de gran porte, que contribúen decisivamente a crear a sensación de que o novo parque está marcado pola presencia dunha gran historia.
Os estimulantes recorridos a través dos diferentes espazos do parque de Bonaval ofrecen unha gran variedade de vistas. Desde os seus camiños poden contemplarse os edificios históricos do conxunto conventual, a fermosa arquitectura contemporánea do museo, a nostálxica traza do cemiterio ou perspectivas excepcionais sobre a cidade de Santiago. Estos recorridos enriquécense coa presencia de varias pezas escultóricas, como as firmadas por Eduardo Chillida ou Leopoldo Nóvoa.



































