Paisaxe

Ruta 17 – Monte do Gozo

Vista lateral do parque do monte do Gozo

Este nome débese a que desde este punto os peregrinos poden observar por primeira vez as torres da Catedral de Santiago, de aí a alegría que produce entre os peregrinos. Xa aparece nomeado no “Códice Calixtino”, no s. XII. A importancia do lugar foi subliñada polo arcebispo de Santiago Diego Xelmírez, quen en torno ao ano 1105 ordenou construír neste lugar a igrexa da Santa Cruz, para facilitar a oración dos peregrinos recentemente chegados. A súa consagración deu lugar a unha impresionante procesión do clero de Compostela que tivo lugar o día de San Marcos, e probablemente sexa a actual capela de San Marcos.
En 1992, ás portas do Ano Santo Compostelán de 1993, gran parte dos terreos do Monte do Gozo foron destinados a un complexo recreativo e de acollida aos peregrinos. Hoxe podemos atopar un albergue e un parque de campismo para centos de persoas, así como cafetería, restaurante, lavandería e distintas tendas. Ademais, conta con amplas zonas verdes para pasear, un campo de fútbol e piscinas de balde.

Ruta 16 – Árbol dos namorados

Árbore dos namorados no parque da Alameda vista lateral

Existe a tradición popular en Santiago de Compostela, que quen se queira casar ten que ir a a Alameda compostelá e dar unha volta á "árbore dos namorados". Así pois, na Alameda de Santiago, no tramo final do paseo que leva cara á Porta dos Leóns existe un exemplar de eucalipto, de máis de 120 anos de antigüidade, cunha altura que rolda os 45 metros, e máis de 8 m. de perímetro no seu tronco, e que foi un dos primeiros exemplares plantados en Galicia.
“A árbore dos namorados” está rodeado por un banco circular de madeira, que lles permite aos namorados, ademais de "desataren as súas paixóns"... ten unha das mellores panorámicas de a Catedral que se poden ter na cidade.

Ruta 14 – Miradoiro de Fontiñas

Miradoiro de Fontiñas

Paseo situado no alto do parque de Carlomagno. Destaca por ser una das zonas verdes máis extensas de Santiago e por ter unha boa vista panorámica. Este miradoiro comunica o barrio de Fontiñas co de San Lázaro.

Ruta 14 – Parque de Carlomagno

Vistas parque de Carlomagno

A parte máis elevada do Parque de Carlomagno coñecíase tradicionalmente como Alto da Canteira. A panorámica abarca con claridade todo o ordenado urbanismo do barrio residencial de Fontiñas. Máis lonxe, o resto da zona urbana, encabezado polo outeiro da Almáciga, preséntase como un puzzle construtivo no que despunta tímida a catedral. Ao fondo, o Monte Pedroso. Cara ao sur, aló abaixo, vaivén de coches que entran e saen da cidade.

Ruta 14 – Parque de San Domingos de Bonaval

Parque de Bonaval

Ao parque accédese polo estratéxico pasaxe que conforman os contrastados estilos arquitectónicos de dous museos: o Centro Galego de Arte Contemporáneo CGAC, de deseño actual, obra de Siza, e o Museo do Pobo Galego, aloxado no que foi convento medieval.
Situado sobre unha ladeira que mira a poñente, ofrece vistas sorprendentes dos tellados da cidade, aos cales o artista Chillida dedicou unha escultura que encadra intencionadamente unha visión da cidade.

Ruta 14 – Parque de Belvís

Parque de Belvís

Situado ao longo da depresión do mesmo nome, destaca polos seus prados e por un pequeño regato que o atravesa. Trátase dunha zona de tres hectáreas de extensión ideal para o descanso, a desconexión e o tempo de lecer en familia. Conta cun parque infantil, aparcadoiro e recintos deportivos. Tamén é coñecido polas espectaculares vistas desde o seu miradoiro.

Ruta 15 – Miradoiro do Monte Pedroso

Vista desde o mirador do Monte Pedroso

Situado no alto do Monte Pedroso, a 457 metros de altitude desde onde se contempla todo Santiago, destacando a Catedral, o casco antigo e a cidade de cultura. É un lugar especialmente fermoso á tardiña, porque é entón cando se reflicten sobre o templo os últimos raios dourados da tarde.

Ruta 12 – Hortas urbanas municipais de Brañas de Sar

Hortas Urbáns Municipais de Sar

Tras décadas en certo estado de abandono, sobre todo na segunda metade do século XX, as Brañas de Sar recibiron unha importante renovación entre 2015 e 2016 da man do Obradoiro de Emprego Xuvenil Ecotur.
Así, durante o tempo que se estenderon estes talleres leváronse a cabo tarefas de roza, podas selectivas, eliminación de especies invasoras, consolidación de camiños ou restauración de elementos auxiliares, para transformar as Brañas de Sar nun parque fluvial de pleno dereito.
Ao mesmo tempo tamén se realizaron obras de acondicionamento de hortas urbanas, aproveitando a presenza duns terreos de titularidade pública que non estaban a ser utilizados.
Deste modo, as Brañas de Sar pasaron a contar con 54 hortas urbanas para ser explotadas por parte da veciñanza, cada unha delas cunha superficie media de 55 metros cadrados.

Ruta 10 Miradoiro do Pedroso

Vista desde o mirador do Monte Pedroso

Situado na cima do Monte Pedroso, a 457 metros de altitude onde se contempla todo Santiago, destacando a Catedral, o casco histórico e a Cidade da Cultura. É un lugar especialmente fermoso ao atardecer, xa que é entón cando se reflexan sobre o templo os últimos raios dourados da tarde.

Ruta 2 – Carballeira De San Lourenzo

Fonte da Carballeira de San Lourenzo

Sita no barrio que leva o seu nome, posúe a condición de Parque Patrimonial no Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC). San Lourenzo componse dunha carballeira centenaria, ao redor dunhas murallas tas as que atopamos un extenso xardín e o antigo monasterio de San Lourenzo (SXII), protegido pola Unesco. Co tempo converteuse nun pazo e na actualidade e un recoñecido restaurante para eventos. Na carballeira atopamos dous cruceiros e unha fonte de pedra.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.