Relixión

Ruta 1 – Colexiata de Sar

Colexiata de Sar

Construída no século XII á beira do río Sar é, xunto á catedral, a igrexa que conserva a maior parte da súa primitiva fábrica románica. No exterior chaman a atención os robustos arcobotantes construídos entre os séculos XVII e XVIII para protexer os muros setentrionais e evitar o seu derrube: ben fose por un error técnico na construción, pola atrevida elevación das naves laterais, polo corremento do inestable terreo sobre o que se asenta, que a miúdo é inundado polo río, ou por vontade de quen traballaron na súa construción, os muros e columnas interiores están visiblemente inclinados, o que lle confire un singular atractivo e obrigou a refacer a bóveda de canón no século XVI.
O interior impresiona a todo aquel que o visita pola inclinación das columnas cara ás naves laterais, dando sensación de inestabilidade. A pía bautismal, á dereita da porta principal, é unha interesante peza arqueolóxica do século XII.
A través da sancristía pode accederse ao claustro, o único que posúe a cidade en estilo románico. Só se conserva unha das ás, o resto pertence aos séculos XVII e XVIII. Dentro exponse unha boa colección de pezas arqueolóxicas e litúrxicas.
A colexiata é tamén fogar do museo da colexiata de Sar, fundado en 1975, onde podemos ver pezas de valor histórico e documental moi importantes, coma o pergamiño fundacional do templo. A sección arqueolóxica fórmana unha serie de pezas do antigo claustro románico, obra do Mestre Mateo ou da súa escola.

Ruta 9 – Capela do Carme de Abaixo

Capela Carme de Abaixo

Este templo barroco clasicista consta dunha única planta rectangular, cuberta a dúas augas e lanterna circular no centro. Levantouse entre os anos 1760 e 1773 sobre unha pequena capela anterior. Os planos orixinais eran do arquitecto Lucas Ferro Caveiro, aínda durante a construcción perdeuse a impronta do barroco compostelán, resultando unha obra de carácter moi rural. No 1867, Baltasar Ferreiro engadiu un novo plebisterio, así que o orixinal pasou a converterse nun cruceiro. A fachada, en cadeirado de granito, consta de tres corpos verticais enmarcados por pilastras e tres corpos horizontais: o primeiro con portada adintelada, o segundo cunha oquedade flanqueada con columnas e rematada con arco de medio punto que acolle a imaxe da virxe e arriba escudo enmarcado cun frontón semicircular. Coroa o conxunto a torre-campanario, de planta cuadrangular e decorada e rematada con pináculos e volutas. No interior, o altar maior, de estilo barroco, segue o modelo dos realizados por Miguel Ferro Cavero.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.