PUNTOS DE INTERESE
rUTA 1 Bosque de Galicia – Cidade da Cultura – Parque do Lago
Común ás rutas:


Espellos do Bosque de Galicia
No Bosque de Galicia atópase a intervención artística Espellos, realizada polo artista Manolo Paz co obxectivo de afianzar o vínculo deste complexo arquitectónico coa Ruta Xacobea e a cidade de Santiago de Compostela.
Está composta por grandes cilindros de pedra que funcionan como unha gran xanela de pedra desde a que contemplar a capital galega desde unha perspectiva única. Estas dúas esculturas pretenden espertar o interese dos camiñantes co obxecto de que fagan unha parada no camiño para contemplar — antes da anhelada meta que é a catedral — a perspectiva orixinal que da mesma se lle ofrece desde este cume, integrada no entorno natural da capital de Galicia.
Ademais de ofrecer unha panorámica diferente sobre a capital galega, estas pezas de 3,5 metros de alto por 3,8 de ancho e 12 toneladas de peso servirán tamén para estreitar aínda máis a conexión da Cidade da Cultura co Camiño de Santiago, xa que a Vía da Prata transcorre paralela ao monte Gaiás, polo barrio compostelán de Sar.






















