PUNTOS DE INTERESE
ruta 10 Río Sarela – Fontecova – Monte Pedroso
Común ás rutas:


A Fonte do Ouro
Esta fonte construída en pedra, con escaleiras e canos de metal está situada detrás do parque de Galeras, ao pé de Monte Pío, moi preto da Finca do Espiño garda un segredo relacionado cunha lenda.
A tradición conta que Cotolai era un humilde carboeiro que vivía na ladeira do Pedroso con poucos medios. A súa vida cambiou cando coñeceu a San Francisco de Asís, que peregrinara a Compostela. O santo e Cotolay compartiron consellos e ensinanzas.
Antes de marchar, San Francisco encomendoulle a construción dun templo.
O carboeiro contoulle que non tiña recursos, así que o santo aseguroulle que atoparía o que precisaba nunha fonte próxima a súa chabola. Así foi, Cotolai atopou un tesouro agochado co que financiou o que hoxe coñecemos como Convento de San Francisco (1749).





























