PUNTOS DE INTERESE
ruta 10 Río Sarela – Fontecova – Monte Pedroso
Común ás rutas:


Río Sarela
O río Sarela é un afluente do Sar. Nace aos pés do monte Pedroso, na parroquia ou pedanía da Peregrina. Discorre ao longo de 10 km rodeando a cidade de Santiago polo leste. No seu recorrido atravesa as pedanías da Peregrina, Vista Alegre, San Paio e Vidán. No lugar de Ponte Vella da Rocha desemboca no río Sar.
A ribeira do Sarela é de antigo un espazo intensamente humanizado, e ata fai poucos anos tivo unha grande importancia para a economía de Compostela. As fontes documentais poñen de manifesto a relevancia deste río como lugar de paso, como produtor agrario principal da cidade e como foco industrial do capitalismo incipiente do periodo entre finais do século XVIII e principios do XIX.
No tramo entre a ponte do Arcebispo (hoxe do Carme de Abaixo) e a desembocadura no Sar en Vidán, a ribeira do Sarela é unha sucesión de muíños desde tempos medievais. No curso do Sarela, hoxe en día, podemos ver muíños, restos de encoros, fábricas en ruínas ou transformadas en vivendas, lavadeiros, fontes e pequenas pontes.





























