PUNTOS DE INTERESE
ruta 10 Río Sarela – Fontecova – Monte Pedroso
Común ás rutas:

Fonte do Cardeal Spinola
Fonte do século XVIII, situada ao norte da Selva Negra. Ten inscricións na súa estrutura e está envolta en lendas, como a dun pastor namorado dunha ninfa. Foi moi popular entre a veciñanza de Santiago ata o século XIX: era un destino habitual para paseos, merendas e verbenas.





























