Arquitectura

Ruta 1 – Torres Hejduk

Torres Hejduk Cidade da Cultura

Foron deseñadas en 1992 polo arquitecto John Hejduk como torres botánicas para o parque compostelán de Belvís, pero non se chegaron a realizar. Tras a morte de Hejduk, Peter Eisenman decidiu recuperar o proxecto do seu amigo e compañeiro en The New York Five – grupo que mellor representa o espírito do neo-racionalismo arquitectónico – e propuxo a súa construción na Cidade da Cultura.

Ruta 1 – Cidade da Cultura

Cidade da Cultura outra perspectiva

A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico deseñado por Peter Eisenman que se erixe na cima do Monte Gaiás. Os distintos edificios e espazos do complexo acollen servizos e actividades destinados á preservación do patrimonio e a memoria, e ao estudo, a investigación, a experimentación, a produción e a difusión nos ámbitos das letras e o pensamento, materializado en música, teatro, danza, cine, artes visuais, creación audiovisual e comunicación.

Ruta 1 – Ponte do Sar

Río Sar ao seu paso pola Ponte do Sar

Ponte de pedra medieval sobre o río Sar construído para salvar o último obstáculo fluvial da Ruta da Plata. Consta de tres ollos, xa que o río era moito máis caudaloso entón. Atópase moi preto da colexiata do mesmo nome.

Ruta 9 – Ponte do Carme de Abaixo

Ponte do Carme de Abaixo con vexetación

Tamén coñecida como Ponte do Arcebispo en documentos antigos, é unha ponte de doble pendiente que cruza o río Sarela. Foi construída por Ventura Valado cun presuposto de 8000 reais, seguindo o proxecto de José Santos Calderón e finalizada en 1760. Atópase no barrio do Carme de Abaixo, na saída de Santiago cara Fisterra, no Camiño de Santiago.

Ruta 9 – Ponte sarela

Ponte Sarela

Aparece citada en documentos de 1485 e por esa razón podería ser unha das entradas e saídas máis importantes da cidade ata finais do século XIX. Perdeu importancia ao construirse as estradas actuais que a deixan ao marxe. Actualmente atópase no itinerario do Camiño de Fisterra.

Ruta 9 – Ponte Asén

Ponte Asén

Ponte dun só ollo, de perpiaño de granito. Descoñécese a época de construción aínda que polas súas características pode ser coetánea do curtidoiro de Asén, de finais do século XVIII e principios do XIX.  Dáse acceso ao barrio de Casas Novas, á Granxa do Xesto e a monte Pío, seguindo o trazado do vía crucis que sobe pola ladeira do Pedroso.

Ruta 9 – Ruínas da fábrica de Ponte Sarela

Antigo curtidoiro da Ponte de Sarela vista frontal

Esta fábrica tamén é coñecida como a da Ribeira de San Lourenzo datada no século XVIII e pechada a finais dos anos 50 do século XX. A construción está ao pé do Camiño de Fisterra e permanece en ruínas, aínda que unha parte foi restaurada en tempos recentes e destinada a vivenda. O seu tamaño indica a importancia que tivo a industria do coiro en Compostela e as súas ruínas conservan lavadoiros, instalación do muíño de cáscara e canalizacións.

Ruta 9 – Ponte dos Tres Ollos

Ponte dos Tres Ollos

Trátase dunha ponte de pedra con tres arcos de medio punto, o central moito máis grande que os laterais que servían de aliviadoiros. Aínda que é unha ponte en forma de lomba de mula, característica das pontes medievais, o paso debeu sufrir reparacións posteriormente. Aínda así, lémbranos as pequenas pontes de orixe romana que temos visto a lo longo da nosa xeografía.
No lugar onde se ubica esta ponte existe un conxunto patrimonial formado polas ruínas da curtidoría, un antigo muíño, a ponte de acceso á fábrica e una fonte con lavadoiro. O antigo camiño de Bergantiños, que cruzaba o Sarela por esta ponte, chega ata el desde a estrada de Carballo flanqueado polos plátanos de bo tamaño, configurando, no seu conxunto, un fermoso paraxe.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.