PUNTOS DE INTERESE
ruta 9 río sarela
Común ás rutas:



Ponte Asén
Ponte dun só ollo, de perpiaño de granito. Descoñécese a época de construción aínda que polas súas características pode ser coetánea do curtidoiro de Asén, de finais do século XVIII e principios do XIX. Dáse acceso ao barrio de Casas Novas, á Granxa do Xesto e a monte Pío, seguindo o trazado do vía crucis que sobe pola ladeira do Pedroso.























