PUNTOS DE INTERESE
ruta 9 río sarela
Común ás rutas:


Fonte do Ouro
Esta fonte construída en pedra, escaleiras para descender e canos de metal está situada detrás do parque de Galeras, ao pé de Monte Pío, moi preto da Finca do Espiño garda un segredo relacionado cunha lenda.
A tradición conta que Cotolay era un humilde carboeiro que vivía na falda do Pedroso con poucos medios. A súa vida cambiou cando coñeceu a San Francisco de Asís, que peregrinara a Compostela. O santo e Cotolay compartiron consellos e ensinanzas.
Antes de marchar, San Francisco encomendoulle a construcción dun templo. O carboeiro contoulle que non tiña recursos, así que o santo aseguroulle que atoparía o que precisaba nunha fonte cercana a súa chabola. Así foi, Cotolay atopou un tesouro agochado co que financiou o que hoxe coñecemos como Convento de San Francisco (1749).























