PUNTOS DE INTERESE
ruta 16 Itinerario verde urbano
Común ás rutas:


Capela do Carme de Abaixo
Este templo barroco clasicista consta dunha única planta rectangular, cuberta a dúas augas e lanterna circular no centro. Levantouse entre os anos 1760 e 1773 sobre unha pequena capela anterior. Os planos orixinais eran do arquitecto Lucas Ferro Caveiro, aínda durante a construción perdeuse a impronta do barroco compostelán, resultando unha obra de carácter moi rural. No 1867, Baltasar Ferreiro engadiu un novo plebisterio, así que o orixinal pasou a converterse nun cruceiro. A fachada, en cadeirado de granito, consta de tres corpos verticais enmarcados por pilastras e tres corpos horizontais: o primeiro con portada adintelada, o segundo cunha oquedade flanqueada con columnas e rematada con arco de medio punto que acolle a imaxe da virxe e arriba escudo enmarcado cun frontón semicircular. Coroa o conxunto a torre-campanario, de planta cuadrangular e decorada e rematada con pináculos e volutas. No interior, o altar maior, de estilo barroco, segue o modelo dos realizados por Miguel Ferro Cavero.



































