ruta 16 Itinerario verde urbano

Relixión

Icona Relixion

Ocio

Icona Ocio

Ríos

Icona Fluvial

Arquitectura

Icona Arquitectura

Paisaxe

Icona Bosque

Escultura

Icona Escultura

Relixión

Icona Relixion

Ocio

Icona Ocio

Ríos

Icona Fluvial

Arquitectura

Icona Arquitectura

Paisaxe

Icona Bosque

Escultura

Icona Escultura

Común ás rutas:

Rutas Color 16

Ponte Mantible

O barrio de Vite conserva o último acueduto de Santiago de Compostela: trátase da Ponte Mantible, unha canalización construída sobre o río Corgo que data do século XII e que aínda segue en funcionamento, levando auga ás fontes da cidade. A súa construción remóntase aos tempos de Diego Xelmírez, primeiro arcebispo de Santiago, responsable xunto ao seu tesoureiro, o Mestre Bernardo, de levar a cabo grandes obras para a rede de abastecemento da cidade.
A afluencia masiva de peregrinos a finais do século XI levou a que o rudimentario sistema da cidade se vise excedido: as fontes non tiñan subministración suficiente e dise que os monxes de San Martiño Pinario nin se podían lavar as mans. Ante esta situación desesperada, o arcebispo mandou reconstruír un pequeno acueduto duns dous séculos de antigüidade, situado “a mil pasos da cidade” e construído en tempos do bispo Sisnando I.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.