Ocio

Ruta 3 – Área Recreativa de Chaián

Área recreativa de Chaián

É a máis próxima á cidade, a 10 km aprox. A área recreativa esténdese a ambos os dous lados do río e inclúe pequenas illas fluviais, unidas por pontes de madeira, que compoñen un agradable paseo. Ten abundante sombra, zona de merendero, mesas con taboleiros de xadrez e damas, zona de voleibol, aparcadoiro de coches e de bicis, pequena cafetería (aberta en época estival) e refuxio para pescadores. No verán conta con servizo de socorrismo.
Alí se celebra a Festa do Escalo, no mes de xullo. É un bo lugar para o avistamento de aves, especialmente garzas.

Ruta 16 – Árbol dos namorados

Árbore dos namorados no parque da Alameda vista lateral

Existe a tradición popular en Santiago de Compostela, que quen se queira casar ten que ir a a Alameda compostelá e dar unha volta á "árbore dos namorados". Así pois, na Alameda de Santiago, no tramo final do paseo que leva cara á Porta dos Leóns existe un exemplar de eucalipto, de máis de 120 anos de antigüidade, cunha altura que rolda os 45 metros, e máis de 8 m. de perímetro no seu tronco, e que foi un dos primeiros exemplares plantados en Galicia.
“A árbore dos namorados” está rodeado por un banco circular de madeira, que lles permite aos namorados, ademais de "desataren as súas paixóns"... ten unha das mellores panorámicas de a Catedral que se poden ter na cidade.

Ruta 14 – Parque das Brañas do Sar

Camiño do Pozo

As Brañas de Sar son un espazo dunhas 33 hectáreas que forman parte da cunca do río Sar. O paseo discorre dende as piscinas e o Multiusos Fontes do Sar ata Pontepedriña, enmarcado ao oriente polos montes Viso, Gaiás e Santas Mariñas e ao poñente pola fachada urbana da cidade, coa vía do ferrocarril.
Ata os anos 60 do século pasado, estas brañas eran un espazo poboado. O Sar era a praia de Compostela. Maiores e pequenos iban bañarse nas súas piscinas naturais e a merendar nas súas beiras. Outros lavaban, traballaban as terras ou iban moer millo nos muíños. No conxunto etnográfico queda testemuña en cinco muíños e un sistema de canles, regueiros, muros, lavadoiros e represas que conducen a auga, ademais dos camiños, pasos e pontes de pedra.
O inicio das obras da Cidade da Cultura no ano 2000 levou a realizar un estudo de todo o entorno do Monte Gaiás, o que permitiu atopar algúns elementos que evidenciaban que as Brañas do Sar tiñan recibido usos agrícolas dende, cando menos, o século V.

Ruta 14 – Parque de Carlomagno

Vistas parque de Carlomagno

A parte máis elevada do Parque de Carlomagno coñecíase tradicionalmente como Alto da Canteira. A panorámica abarca con claridade todo o ordenado urbanismo do barrio residencial de Fontiñas. Máis lonxe, o resto da zona urbana, encabezado polo outeiro da Almáciga, preséntase como un puzzle construtivo no que despunta tímida a catedral. Ao fondo, o Monte Pedroso. Cara ao sur, aló abaixo, vaivén de coches que entran e saen da cidade.

Ruta 14 – Parque da Almáciga

Estanque do parque da Almáciga

Accédese a el desde o parque de San Caetano, moi cerca da estación de autobuses. Exténdese sobre o outeiro máis alto do casco urbano, o que o converte nun miradoiro privilexiado con magníficas vistas. Conta con hortas urbanas, mesas, parque infantil,… e mesmo unha mini fervenza cun estanque incluído. A través da rúa de Teo conecta co parque de San Domingos de Bonaval.

Ruta 14 – Parque de San Domingos de Bonaval

Parque de Bonaval

Ao parque accédese polo estratéxico pasaxe que conforman os contrastados estilos arquitectónicos de dous museos: o Centro Galego de Arte Contemporáneo CGAC, de deseño actual, obra de Siza, e o Museo do Pobo Galego, aloxado no que foi convento medieval.
Situado sobre unha ladeira que mira a poñente, ofrece vistas sorprendentes dos tellados da cidade, aos cales o artista Chillida dedicou unha escultura que encadra intencionadamente unha visión da cidade.

Ruta 14 – Parque de Belvís

Parque de Belvís

Situado ao longo da depresión do mesmo nome, destaca polos seus prados e por un pequeño regato que o atravesa. Trátase dunha zona de tres hectáreas de extensión ideal para o descanso, a desconexión e o tempo de lecer en familia. Conta cun parque infantil, aparcadoiro e recintos deportivos. Tamén é coñecido polas espectaculares vistas desde o seu miradoiro.

Ruta 15 – Parque da Granxa do Xesto

Parque infantil Granxa do Xesto

Espazo natural na faldra do Monte Pedroso que combina bosque, pradeiras e pequenos lagos. Conta con 3km de paseos, parque infantil, cafetería e zonas deportivas. Desde este parque parten varios sendeiros que recorren o Monte Pedroso, como o Vía Crucis con cruceiros de pedra que levan ata a cima do monte, onde hai vistas panorámicas de Santiago.

Ruta 12 – Cidade da Cultura

Cidade da Cultura

A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico deseñado por Peter Eisenman erixido na cima do Monte Gaiás. Os distintos edificios e espazos do complexo acollen servizos e actividades destinados á preservación do patrimonio e a memoria, e ao estudo, a investigación, a experimentación, a produción e a difusión nos ámbitos das letras e o pensamento, a música, o teatro, a danza, o cine, as artes visuais, a creación audiovisual e a comunicación.

Ruta 12 – Parque das Brañas de Sar

Camiño do Pozo

As Brañas de Sar son un espazo dunhas 33 hectáreas que forman parte da cunca do río Sar. O paseo discorre dende as piscinas e o Multiusos Fontes do Sar ata Pontepedriña, enmarcado ao oriente polos montes Viso, Gaiás e Santas Mariñas e ao poñente pola fachada urbana da cidade, coa vía do ferrocarril.
Ata os anos 60 do século pasado, estas brañas eran un espazo poblado. O Sar era a praia de Compostela. Maiores e pequenos iban bañarse nas súas piscinas naturais e a merendar nas súas beiras. Outros lavaban, traballaban as terras ou iban moler millo nos molinos. No conxunto etnográfico queda testemuña en cinco molinos e un sistema de canles, regueiros, muros, lavadeiros e represas que conducen a auga, ademáis dos camiños, pasos e pontes de pedra.
O inicio das obras da Cidade da Cultura no ano 2000 levou a realizar un estudo de todo o entorno do Monte Gaiás, o que permitiu atopar algúns elementos que evidenciaban que as Brañas do Sar tiñan recibido usos agrícolas dende, cando menos, o século V.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.