PUNTOS DE INTERESE
ruta 12 Sendeiro Cidade da Cultura – Alameda
Común ás rutas:


Cidade da Cultura
A Cidade da Cultura de Galicia é un complexo arquitectónico deseñado por Peter Eisenman erixido na cima do Monte Gaiás. Os distintos edificios e espazos do complexo acollen servizos e actividades destinados á preservación do patrimonio e a memoria, e ao estudo, a investigación, a experimentación, a produción e a difusión nos ámbitos das letras e o pensamento, a música, o teatro, a danza, o cine, as artes visuais, a creación audiovisual e a comunicación.






























