Relixión

Ruta 17 – Capela de San Marcos

Capela San Marcos

Pequeno e humilde templo situado no Monte do Gozo, primeiro lugar desde o que se albiscan as torres da catedral compostelá. Atópase a 4,5 km da cidade de Santiago. A primeira igrexa erguida neste enclave emblemático, da que apenas se conservan noticias, estivo dedicada á Santa Cruz e foi reconstruída no ano 1105 por orde do entón bispo Diego Xelmírez, quen dispuxo que se celebrase unha procesión anual o día de San Marcos.
O obxectivo era dotar este lugar simbólico, onde os peregrinos divisaban por primeira vez a cidade de Santiago ao mirar cara ao oeste, dun espazo para o culto. É posible que ao seu carón estivese o famoso humilladoiro do monte, do que hoxe non quedan restos. Alí os peregrinos depositaban unha pedra como mostra de permanencia e agradecemento por ter alcanzado as portas do sagrado recinto compostelán.

Ruta 16 – Cruceiro da Casa de Europa

Cruceiro da Finca de Lois vista lateral

Nun agradábel paseo polo xardín poderemos ademáis gozar dun cruceiro obra de Francisco Asorey, estatuas ornamentais e diferentes zonas de bancos e asentos nos que descansar, ler un libro ou, simplemente, gozar da paisaxe e soñar como sería vivir nun lugar tan marabilloso como a Casa de Europa.

Ruta 17 – Igrexa de San Lázaro

Igrexa de San Lázaro desde outra perspectiva

Templo de estilo modernista construído en 1924 polo arquitecto J. López Rego. Unha pequena nave de arcos apuntados, con contraforte e sancristía posterior, definen o espazo interior. Ten unha porta lateral para o acceso directo desde a rúa. É de cantería de granito nas fachadas, os seus elementos principais e o contorno dos vans, o resto é de sillarejo. O campanario con dúas campás remata a fachada principal.

Ruta 16 – Capela do Carme de Abaixo

Capela Carme de Abaixo

Este templo barroco clasicista consta dunha única planta rectangular, cuberta a dúas augas e lanterna circular no centro. Levantouse entre os anos 1760 e 1773 sobre unha pequena capela anterior. Os planos orixinais eran do arquitecto Lucas Ferro Caveiro, aínda durante a construción perdeuse a impronta do barroco compostelán, resultando unha obra de carácter moi rural. No 1867, Baltasar Ferreiro engadiu un novo plebisterio, así que o orixinal pasou a converterse nun cruceiro. A fachada, en cadeirado de granito, consta de tres corpos verticais enmarcados por pilastras e tres corpos horizontais: o primeiro con portada adintelada, o segundo cunha oquedade flanqueada con columnas e rematada con arco de medio punto que acolle a imaxe da virxe e arriba escudo enmarcado cun frontón semicircular. Coroa o conxunto a torre-campanario, de planta cuadrangular e decorada e rematada con pináculos e volutas. No interior, o altar maior, de estilo barroco, segue o modelo dos realizados por Miguel Ferro Cavero.

Ruta 16 – Ponte do Carme de Abaixo

Ponte do Carme de Abaixo con vexetación

Tamén coñecida como Ponte do Arcebispo en documentos antigos, é unha ponte de dobre pendente que cruza o río Sarela. Foi construída por Ventura Valado cun presuposto de 8000 reais, seguindo o proxecto de José Santos Calderón e finalizada en 1760. Atópase no barrio do Carme de Abaixo, na saída de Santiago cara Fisterra, no Camiño de Santiago.

Ruta 14 – Igrexa de San Pedro

Praciña de San Pedro ca Igrexa de San Pedro de fondo

Baixando pola rúa de San Pedro, seguindo en sentido contrario o camiño que conduce aos peregrinos do camiño Francés cara á Porta do Camiño, atopamos esta igrexa de estilo neoclásico do século XVIII. Conserva algúns restos da primitiva construción do
antigo mosteiro de San Pedro de Fóra, do século XII, sobre o que se levantou a nova fábrica.
No seu atrio atopáronse restos de enterramentos, moi probablemente de monxes e peregrinos dos séculos XII a XV soterrados no antigo mosteiro beneditino, que prestou servizo de hospedería aos devotos do Apóstolo moito antes de que se construíse o Hostal dos Reis Católicos no século XVI.
No interior do templo destacan as tallas de Ferreiro.

Ruta 14 – Colexiata do Sar

Colexiata de Sar

Construída no século XII á beira do río Sar é, xunto á Catedral, a igrexa que conserva a maior parte da súa primitiva fábrica románica. No exterior chaman a atención os robustos arcobotantes construídos entre os séculos XVII e XVIII para protexer os muros setentrionais e evitar o seu derrube: ben fose por un error técnico na construción, pola atrevida elevación das naves laterais, polo corremento do inestable terreo sobre o que se asenta, que a miúdo é inundado polo río, ou por vontade de quenes traballaron na súa construción, os muros e columnas interiores están visiblemente inclinados, o que lle confire un singular atractivo e obligou a refacer a bóveda de canón no século XVI.
O interior impresiona a todo aquel que o visita pola inclinación das columnas cara ás naves laterais,
dando sensación de inestabilidade. A pía bautismal, á dereita da porta principal, é unha interesante
peza arqueolóxica do século XII.
A través da sancristía pode accederse ao claustro, o único que posúe a cidade en estilo románico. Só
se conserva unha das ás, o resto pertence aos séculos XVII e XVIII. Dentro exponse unha boa
colección de piezas arqueolóxicas e litúrxicas.
A Colexiata é tamén fogar do Museo da Colexiata de Sar, fundado en 1975, onde podemos ver
pezas de valor histórico e documental moi importantes, coma o pergamiño fundacional do templo. A sección arqueolóxica fórmana unha serie de pezas do antiguo claustro románico, obra do Mestre Mateo ou da súa escola.

Ruta 6 – Ermida de Santa Lucía

Igrexa de Santa Lucía

Na parroquia de San Cristóbal do Eixo. Este pequeno templo cunha fachada clasicista de plano rectangular cunha sacristía anexa é parte dun legado que inclúe unha fonte, unha cruz, un muíño e un tramo ben conservado do antigo Camiño Real, ao longo do cal transcorre o Camiño de Santiago.

Ruta 12 – Igrexa de San Fernando

Igrexa de San Fernando

A parroquia de San Fernando for creada no ano 1964 no chamado Ensanche de Santiago de Compostela. O cardeal arcebispo Fernando Quiroga Palacios desempeñou un papel fundamental na creación da parroquia de San Fernando. Foi iniciativa súa erixir unha igrexa nesta zona en expansión da cidade, dedicándoa ao seu santo patrón.
Naqueles anos, a cidade experimentaba un proceso de crecemento acelerado, especialmente debido á Universidade de Santiago e ao asentamento de novos profesionais. Así, a cidade tivo que crecer máis alá dos seus límites e ocupar terreos agrícolas e outros campos situados ao suroeste do centro urbano. Este proceso prolongouse durante varias décadas, pero desde mediados do século XX, a parroquia de San Fernando converteuse na referencia espiritual, asistencial, social e formativa de varias xeracións compostelás.
O proxecto foi concibido como unha creación moderna en consonancia co programa litúrxico-pastoral do Concilio Vaticano II. Para logralo, contratouse a Andrés Fernández-Albalat Lois, un dos arquitectos galegos contemporáneos máis destacados. Formaba parte do movemento moderno e desempeñou un papel importante no mundo cultural galego durante a segunda metade do século XX.
A súa execución prolongouse durante anos por razóns económicas. É así que a igrexa foi inaugurada 25 anos despois do nacemento da parroquia. O templo é un gran espazo curvado e diáfano, onde o formigón xoga un papel fundamental, con dúas áreas diferenciadas. Unha delas, máis íntima, está destinada á custodia do Santísimo e a oración, mentres que a outra, de gran amplitude, é empregada para a celebración litúrxica.

Ruta 12 – Capela do Pilar

Capela do Pilar

Encravada no parque máis emblemático de Santiago, a Alameda, ao carón do paseo en forma de U coñecido como o Paseo da Ferradura, levántase este templo de estilo barroco do século XVIII. Consta de planta de cruz latina con cruceiro e presbiterio.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.