ruta 12 Sendeiro Cidade da Cultura – Alameda

Relixión

Icona Relixion

Ocio

Icona Ocio

Ríos

Icona Fluvial

Arquitectura

Icona Arquitectura

Paisaxe

Icona Bosque

Escultura

Icona Escultura

Relixión

Icona Relixion

Ocio

Icona Ocio

Ríos

Icona Fluvial

Arquitectura

Icona Arquitectura

Paisaxe

Icona Bosque

Escultura

Icona Escultura

Común ás rutas:

Rutas Color 12

Calzada romana de Sar

Fontes citadas por López Alsina documentan a chegada do viño por esta vía xa no século XII. Na Idade Media, os camiños de acceso á cidade de Santiago podían ser lugares perigosos para o
tránsito, sobre todo en inverno debido ás chuvias e ás crecidas que formaban lameiras que
dificultaban o paso ás persoas e ás bestas. Diversos testemuñas falan nun informe de mediados do
século XVI de ver como os carros quedaban empantanados e as bestas afundíanse “ata a barriga”,
téndose que descargar con gran perigo. Este informe pon de relevo os grandes danos que a situación
dos camiños producía á cidade, moradores, peregrinos e xentes que acudían aos mercados. Entre os
camiños que se citan como perigosos está o que pasaba cerca de Sar. Para deter o problema, o
citado informe aconsellaba canalizar as augas e facer calzadas de pedra.
A Calzada de Sar xunto co Camiño Real de Piñeiro son elementos singulares do patrimonio
histórico de Santiago. A Calzada de Sar resulta ser un tramo ben conservado do Camiño Real de
Castela. Cunhas medidas de 350 metros de lonxitude por un 4 metros de ancho, conserva o
pavimento e deseño do século XVIII. Estas datas coinciden coa época na que se promulga o Real
Decreto de 10 de xuño de 1781, firmado por Carlos III, que supón o primeiro plan xeral de camiños
ben pavimentados de España. Entre Piñeiro (na parroquia do Eixo) e a ermida de Santa Lucía
consérvase outro pequeno tramo do Camiño Real de Castela.

Scroll ao inicio
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacenase no teu navegador e realiza funcións tales como reconocerche cando volves a nosa web o axudar o noso equipo a comprender qué seccións da web encontras máis interesantes e útiles. Consulta a nosa política de privacidade.